
Clausura do obradoiro de emprego Arquivalugo
O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, participou no acto de clausura do obradoiro dual de emprego ArquivaLugo, que acolleron as instalacións municipais do CEI
O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, participou no acto de clausura do obradoiro dual de emprego ArquivaLugo, que acolleron as instalacións municipais do CEI
A partir do ano 2020, o Arquivo Municipal edita un calendario temático que ten como obxectivo a divulgación do patrimonio documental lucense e, en definitiva, achegar á cidadanía a riqueza documental do Arquivo.
A profesora e investigadora María Jesús Souto Blanco recolle no seu traballo A represión franquista e as súas zonas de penumbra. Vítimas confirmadas e posibles en Lugo (1936-1940) os nomes de todas as persoas que puideron ser represaliadas na provincia de Lugo.
“Lugo na memoria” é unha aplicación virtual baseada en fotografía panorámica 360º que pretende pór en valor o pasado da cidade a través da divulgación do fondo documental municipal. É froito do traballo levado a cabo polos alumnos e alumnas do Obradoiro dual de emprego InteracTICvate.
O usuario poderá ir percorrendo as rúas e prazas do casco histórico mentres accede a información e documentos orixinais que axudarán a comprender a evolución destes espazos, identificará os arquitectos e técnicos que os idearon e planificaron, e visualizará a súa evolución ata a actualidade.