ARQUIVO MUNICIPAL
DE LUGO

Concello de lugo

Arquivo municipal

Memoria viva do pobo de Lugo

O Arquivo Municipal de Lugo custodia, trata e serve a documentación producida e/ou recibida polo Concello de Lugo ao longo do tempo, durante todo o seu ciclo de vida. O acceso a estes documentos actúa como garante dos dereitos da cidadanía e como medio de proba dos mesmos e tamén é mostra da transparencia administrativa da propia institución.

Dentro do Fondo documental municipal, as agrupacións documentais máis consultadas son as seguintes:

  • Libros de actas do Pleno (dende 1900)
  • Expedientes de planeamento urbanístico
  • Licenzas de obras maiores e menores (dende 1956)
  • Licenzas de actividades (1933-1940 e dende 1954)
  • Expedientes de obras municipais (dende principios do s. XX)
  • Padróns históricos de poboación (dende 1945)

 

Tamén custodiamos a Colección fotográfica Delgado Guisasola e a colección Mapas e Planos

Servizos

O Arquivo Municipal é o gardián do patrimonio documental do Concello de Lugo e unhas das principais institucións da memoria do pobo lucense. A través da documentación custodiada nel pódese estudar a evolución do municipio en multitude de ámbitos, fundamentalmente ao longo do século XX, pero tamén ten unha importante dimensión administrativa. Licenzas de obra, de actividade ou de primeira utilización constitúen os expedientes máis demandados polos nosos usuarios para a xestión de distintos trámites.

Para consultar documentación, solicitar copias ou obter fotografías en alta resolución segue estes pasos:

Presenta unha solicitude a través da Sede electrónica do Concello de Lugo ou presencialmente no Rexistro Xeral na que se indique da maneira máis completa posible que documentación se desexa consultar. No caso das licenzas precisamos o emprazamento e calquera outro dato que se poida achegar (número de licenza, promotor ou numeración antiga, por exemplo). No caso das fotografías, indícanos a referencia.

Unha vez localizada a documentación, darase cita para a súa consulta e para solicitar as copias que sexan necesarias. Os servizos de reprografía están suxeitos ás taxas por expedición de documentos administrativos recollidas na Ordenanza Fiscal nº. 100 do Concello de Lugo.

Estamos no 3º andar do Centro de Servizos Municipais, situado na Ronda da Muralla Nº 197.

Horario de atención ao público: 9:00h – 14:00h.

Podes contactar connosco nos teléfonos 982 29 72 49 e 982 29 73 29, a través do mail arquivo@lugo.gal ou do formulario que atoparás máis abaixo.

Polo xeral, o acceso á documentación do Arquivo é libre agás o establecido pola lexislación vixente en materias como, por exemplo, a protección de datos persoais.

As licenzas de obra son de acceso libre (segundo a táboa de avaliación aprobada polo Consello de Avaliación Documental de Galicia) pero para as de actividade é preciso acreditar interese lexítimo.

O uso das fotografías das que se solicite copia en alta resolución autorizarase mediante Decreto.

Consta de máis de 2.700 fotografías, a maior parte realizadas por Valentín Roldán Regal fundamentalmente entre os anos trinta e corenta do século XX, aínda que tamén hai algunhas imaxes de finais do século XIX.

As fotografías non só retratan edificios, rúas ou prazas, senón tamén as súas xentes, constituíndo un interesante testemuño da evolución da cidade de Lugo e da súa sociedade, así como doutros recunchos de Galicia e do mundo.

Arquivo Histórico e Arquivo Municipal

O fondo documental do Concello de Lugo arranca no século XIV, pero no Arquivo Municipal custódiase a parte máis contemporánea, principalmente a documentación do século XX en adiante. O resto da documentación atópase en réxime de comodato no Arquivo Histórico Provincial de Lugo.

No caso das licenzas de obra maior, a serie documental máis consultada do Arquivo Municipal, conservamos as do ano 1956 en adiante.

Enche este formulario, escríbenos a arquivo@lugo.gal ou chámanos ao 982 29 72 49 ou ao 982 29 73 29

Actas consistoriais

Accede ás Actas Consistoriais dixitalizadas dende 1545 ata 1899

Rueiro histórico

Explora os nomes de rúas e prazas do Casco Histórico dende o s. XIX

Información

Na sección "Recursos" atoparás un folleto informativo, novas e actividades

Calendarios do Arquivo

Elaborados con documentación do Arquivo e fotografías da veciñanza de Lugo

Investigación

Guiarémoste a través das nosas fontes documentais para a eleboración da túa investigación

Lugo na memoria

O pasado da cidade en 360º