ARQUIVO MUNICIPAL
DE LUGO

Recursos

Arquivo municipal de lugo
Eventos

Xornada

BAMAD Galicia e a Fundación Olga Gallego organizarán unha xornada no centro sociocultural O Vello Cárcere de Lugo os días 29 e 30 de novembro

Ler máis »
colección

Calendarios do Arquivo

A partir do ano 2020, o Arquivo Municipal edita un calendario temático que ten como obxectivo a divulgación do patrimonio documental lucense e, en definitiva, achegar á cidadanía a riqueza documental do Arquivo.

Lugo na memoria” é unha aplicación virtual baseada en fotografía panorámica 360º que pretende pór en valor o pasado da cidade a través da divulgación do fondo documental municipal. É froito do traballo levado a cabo polos alumnos e alumnas do Obradoiro dual de emprego InteracTICvate.

O usuario poderá ir percorrendo as rúas e prazas do casco histórico mentres accede a información e documentos orixinais que axudarán a comprender a evolución destes espazos, identificará os arquitectos e técnicos que os idearon e planificaron, e visualizará a súa evolución ata a actualidade.

Galiciana

Galiciana é a biblioteca dixital de Galicia impulsada pola Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e xestionada pola Biblioteca de Galicia.
Ver máis

Biblioteca Virtual

A Biblioteca Virtual de Prensa Histórica é unha hemeroteca dixital na que se ofrece á cidadanía un extenso, variado e crecente repertorio de prensa histórica e revistas culturais en linguas españolas.
Ver máis

Arquivo Histórico

O Arquivo Histórico Provincial de Lugo é un centro público de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia.
Ver máis

Arquivos de Galicia

A finalidade do Sistema de Arquivos de Galicia é servir á xestión administrativa, garantir o dereito á cidadanía para acceder aos arquivos e protexer, conservar e difundir o patrimonio documental de Galicia.
Ver máis

Arquivo Xeral

O Arquivo Xeral da Deputación de Lugo, é un instrumento de descrición que permite obter unha visión global da institución e da documentación custodiada por ela.
Ver máis

Archivos Estatales

PARES é a principal plataforma de difusión do Patrimonio Histórico Documental Español, creada e xestionada pola Subdirección Xeral de Arquivos do Estado, do Ministerio de Cultura.
Ver máis