ARQUIVO MUNICIPAL
DE LUGO

"Á procura do pasado para armar o futuro: O rural e as institucións da memoria"

Este é o lema das xornadas que BAMAD Galicia e a Fundación Olga Gallego organizarán no centro sociocultural O Vello Cárcere de Lugo os días 29 e 30 de novembro de 2024 coa finalidade de crear un foro de reflexión e de coñecemento da memoria rural entendida como memoria individual, colectiva, social, histórica, cultural e compartida das persoas, do territorio, das perdas, dos descubrimentos, dos conflitos, dos encontros, das que marcharon e das que chegaron, que nace do pasado, que cheg ata o presente e que mira ao futuro.

Unha memoria na que os arquivos, as bibliotecas e os museos actúen como axentes que participen da comunidade para consolidar a memoria rural que recupere vínculos e que restaure, cre e reimaxine proxectos que resignifiquen o rural.

Cartaz_Xornadas_Bamad_2024-768x565-1.jpg
Arquivo Municipal de Lugo
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.