ARQUIVO MUNICIPAL
DE LUGO

Clausura do obradoiro de emprego Arquivalugo

O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, participou no acto de clausura do obradoiro dual de emprego ArquivaLugo, que acolleron as instalacións municipais do CEI Nodus. O concelleiro fixo entrega dos diplomas e felicitou aos 16 alumnos e alumnas que completaron a súa formación no ámbito do deseño gráfico, o desenvolvemento web e os procesos de dixitalización, “áreas cunha importante demanda de profesionais, polo que o obxectivo é favorecer o seu acceso ao mercado laboral, contribuíndo a xerar novos postos de traballo no municipio”.